28/06/21

ENQUISA 2021 AO PROFESORADO SOBRE O USO DA BIBLIOTECA

Como ven sendo habitual ao finalizar cada curso escolar, achegamos a enquisa anual para o profesorado para coñecer o uso que facedes da biblioteca e saber que botades de menos de cara a cubrir as melloras necesarias no vindeiro curso 2021-22. 
Pódese acceder á enquisa na ligazón inferior:

23/06/21

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DOS CLUBES DE LECTURA 1ºESO




 Onte fixemos a entrega dos premios do concurso dos Clubes de Lectura de 1ºESO, última actividade deste curso. Os premios entregáronse na librería do noso barrio "Luar".

07/06/21

CLUB DE LECTURA: CONCURSO-2 SHERLOCK HOLMES


 


O segundo concurso proposto dende o Club de Lectura é sobre Sherlock Holmes para alumnado de 3ºESO.

CLUB DE LECTURA: CONCURSO-1 DO DOUS VIDEOS


 









Concurso sobre os dous videos para alumnado de 1º e 2ºESO.

04/06/21

XIII XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA 2021


 Hoxe celébrase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela ás XIII
Xornadas dos Clubs de Lectura. A reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de cultura Educación e Universidade. Neste curso 2020/2021 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 213 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial. Esta XIII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado. Asiste a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, Matilde de Cal.

 

Entrégase Premio dos Clubs de Lectura 2021, a escritora Eva Mejuto, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2019/2020. Premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez e Andrea Maceiras.
 
Participan a escritora Marta Sanz, o escritor, periodista e investigador en comunicación José Miguel Tomasena falará da xente moza as prácticas de lectura nas redes e o autor e ilustrador Miguelanxo Prado, Premio dos Clubs de Lectura no ano 2017.