27/09/21

NOVIDADES BIBLIODIESTE 2021-22: PUNTO DE INTERCAMBIO


 

Levamos días  organizando todo para poder abrir a Biblioteca o luns 4 de outubro. Temos preparadas xa algunhas sorpresas e novidades.
Para empezar, estreamos o Punto de Intercambio de libros co que queremos darlle unha segunda vida a un montón de libros marabillosos que están desexando ser lidos por alguén. Neste punto podes deixar os libros para que sexan  aproveitados por outros lectores e lectoras e tamén podes coller libros, comics, películas, marcapáxinas… deixados aí para ser levados  por alguén e así poder disfrútalos outra vez.

20/09/21

BIBLIODIESTE: "XA ESTAMOS DE VOLTA" (Curso 2021-22)


 Xa estamos de volta e, como sempre, desexamos que o voso verán fose agradable, formidable, bestial... Moita auga, sol nos ollos, area e verde, verde e area, e moita luz. Durmir pouco ou moito, comer ben ou fatal, ter tempo para un mesmo o estar rodeados sen tregua de amizades, libros novos..

Xa estamos de volta e, coma sempre, desexamos que o inicio do curso tamén sexa bo: xente que nos gusta ver de novo, lapis de cores, gomas novas ou vellas, cadernos por estrear, máis libros novos ..o que lle guste a cada un.

Dende a Biblioteca do Dieste, estamos seguros de que este curso vai se mellor que o pasado. Para que así sexa, nós estamos dispostos a poñer o noso graniño de área con novidades, actividades, concursos e o que se vos ocorra propoñernos. Para iso temos unha caixa de suxestións noviña, agardando a que o estreedes a partir do primeiro de outubro.

Un saúdo e ata entón.