27/11/21

TRISTE DESPEDIDA DE ALMUDENA GRANDES

Foto: Samuel Sánchez, El País.

Recién coñecida a triste noticia do falecemento da escritora Almudena Grandes, queremos recordala con esta entrada de homenaxe.

+ info: artigo de "El País"

Morre Almudena Grandes, a escritora que novelou a épica dos perdedores

 

26/11/21

ENTREGA PREMIOS CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 21-22"




Hoxe fíxose entrega na Biblioteca dos premios ao concurso de selfies "AS MIÑAS BIBLIOTECAS" que convocamos o pasado mes de outubro para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. Parabéns para os gañadores.

22/11/21

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021


O pasado 20 de novembro de 2021 celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a  Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2021 que reuniu, presencialmente, a preto de 600 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.

No enlace que adxuntamos a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados  polos poñentes.
 

 

05/11/21

CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, dende o martes 2 ao xoves 11 de novembro imos ler contos terroríficos nos recreos. Alumnado voluntario e profesoras tamén voluntarias fannos pasar un rato de medio divertido entre sombras, cabazas, velas e seres descoñecidos…

Micro contos, contos curtos e algunha sorpresa xaponesa farán as delicias do alumnado máis pequeno que se acerca a biblioteca nesta primeira actividade en exclusiva para todos eles e elas.








 

03/11/21

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA PARA ALUMNADO 1ºESO


 Esta semana comezaron as xornadas de formación para o alumnado novo no centro. Aproveitando o ambiente especial do Samaín, presentamos a nosa biblioteca aos novos usuarios e usuarias de 1º ESO. Explicámoslles como sacar partido dos recursos da biblioteca: como atopar os libros, como usar o seu carné, os ordenadores, onde están os cómic, as películas e os xogos de xadrez. E presentamos as nosas novidades: o punto de intercambio, o caixón de suxestión e o anel Lgtbiq+. 

Benvido todo o mundo!!!