31/03/22

XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN PLURILINGÜE: ENGLISH-FRANÇAIS


Exposición nas linguas estranxeiras que se aprenden no noso instituto: pósters en inglés e traballos feitos nas clases de francés.

XII SC/A SAÚDE: A EXPOSICIÓN CENTRAL


 Compartimos as fotos da exposición que está ocupa o centro do noso patio interior.








XII SC/A SAÚDE: CHARLA SOBRE ALCOHOLISMO



 O alumnado de 4ºESO asistíu hoxe a unha nova charla dentro da Semana Cultural 2020 sobre o problema do alcoholismo con membros da Asociación de Alcohólicos Anónimos.

30/03/22

XII SC/A SAÚDE: SESIÓNS DE MUSICOTERAPIA


Hoxe tamén houbo sesións de Musicoterapia para o alumnado de 3ºESO con María Deive. A Musicoterapia é unha rama da música que traballa co son, movemento e música co obxectivo principal de mellorar a comunicación auditiva e estimular o desenvolvemento das persoas que normalmente sufren incapacidades.



XII SC/A SAÚDE: REPARTO DIARIO DE FROITA POR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE


 Durante a celebración da Semana Cultural 2022 da Saúde, recuperamos a iniciativa do reparto diario dunha peza de froita entre o alumnado como fomento dunha alimentación saudable.

XII SC/A SAÚDE: CHARLA SOBRE "ENFERMIDADES MENTAIS"



 Hoxe tivemos dúas sesións de charlas para o alumnado de 1ºESO e de 1ºBAC respectivamente, ofrecida por APEM (Asociación pro Enfermos Mentais) sobre estas enfermidades e saúde mental en xeral.



XII SC/A SAÚDE: HEALTH & WELLNESS (A semana cultural en inglés)

"HEALTH & WELLNESS", Esta entrada funciona como un índice a todas as publicacións sobre o tema que aparecen no blog de inglés. Todos eles con vocabulario de referencia, información xeral, expresións de certas situacións médicas, videos e consellos en inglés e traballo do alumnado.

This post works as the index of all entries published about this topic throughout the´English blog. Most of them present related vocabulary, general information, expressions in certain medical situations, videos and advice all in English and student's work.


MENTAL HEALTH

- WELLBEING

- HEALTHCARE LIFESTYLE: YOGA

- HEALTH & WELLNESS

- ALL THE ENTRIES ABOUT COVID19

- TYPES OF DOCTORS

- PHRASAL VERBS RELATED TO HEALTH

- ILLNESSES

- MEDICINES, FIRST AID & MEDICAL EQUIPMENT

- GOING TO THE DENTIST

GOING TO THE DOCTORS

- BODY ANATOMY, HEALTH & FITNESS

- PARTS OF THE BODY


 

XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN "ESCOLA DE MENCIÑEIROS" DE ÁLVARO CUNQUEIRO

O Departamento de Galego mostra nunha exposición a "ESCOLA DE MENCIÑEIROS" de Álvaro Cunqueiro.

Escola de menciñeiros é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1960.

Relata a vida dos menciñeiros e os costumes galegos das primeiras décadas do século XX.












 

29/03/22

XII SC/A SAÚDE: CHARLA SOBRE "ENFERMIDADES RARAS"



 O alumnado de 4ºESO asistíu esta tarde a unha conferencia ofrecida dentro da Semana Cultural da Saúde por la FEGEREC (Federación Galega das Enfermidades Raras) sobre o tema destas enfermidades desarmando mitos, falsas informacións e na procura de apoio e empatía hacia as persoas que as padecen.

XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN BIOGRAFÍAS DE ESCRITORES-MÉDICOS


Exposición de biografías de autores literarios con conexións ou dedicación a médicina e a saúde, preparado polo alumnado da profesora de lingua castelá Mercedes Garrote.

XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN MEDICIÑA, ENFERMIDADES E ONGs


 Outra das seccións da exposición é sobre a mediciña nos seus diferentes ámbitos: a práctica médica, as enfermIdades e o aspecto social as ONGs.







Adiviñas:


XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN ETNOBIOLOXÍA E ALIMENTACIÓN


 Outra sección da exposición de ciencias dedícase á etnobioloxía: o xardín da saúde e a alimentación.





XII SC/A SAÚDE: EXPOSICIÓN DOS SENTIDOS


Outra das exposicións fai referencia aos sentidos e os órganos relacionados, organizada polo Departamento de Ciencias.








 

XII SC/A SAUDE: CONFERENCIA DE LUIS FERRER I BALSEBRE, "EL IMPACTO DE LAS CRISIS EN EL PSIQUISMO HUMANO


 


Alumnado de 2ºBAC asistiron hoxe a conferencia do psiquiatra e psicoterapeuta Luís Ferrer i Balsebre dentro das actividades da Semana Cultural 2022, para tratar o tema de "O impacto da crise no psiquismo humán".