23/04/22

FELIZ DÍA DO LIBRO 2022

 Feliz Día do libro. Dende a biblioteca recomendamosvos a lectura dalgún dos libros do autor Theodor Kallifatides, que nos visitará o 4 de maio.


05/04/22

ENCONTRO COA AUTORA NIEVES ABARCA NO "RAFAEL DIESTE"

Hoxe o alumnado de 1ºBAC tiveron a oportunidade de disfrutar do encontro coa escritora Nieves Abarca para falar da súa novela "VORACES". O alumnado aproveitou para facerlle preguntas sobre este libro que xa leron.
O acto foi presentado e conducido por dous alumnos de 1ºBAC, Xoana Pérez González e Tiaño Salaño Varela.

Nieves Abarca Corral naceu en A Coruña, España, en 1968. Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e é Máster en Periodismo pola UOC.
























 

03/04/22

ACTIVIDADES DO "RAFAEL DIESTE" NA PRENSA LOCAL


Psiquiatra na aula


Nesta ligazón superior o artigo de Pablo Portabales en "La Voz de Galicia" sobre a visita do médico Luís Ferrer i Balsebre ao noso centro a semana pasada.

01/04/22

XII SC/A SAÚDE: ACTIVIDADE ECOSALUDABLE - SENDERISMO, PASEO POLO MANDEO


 Hoxe celebrouse unha das últimas actividades dentro da Semana Cultural. Unha actividade ecosaludable, una ruta de senderismo polo río Mandeo con grupo de 4ºESO. Esta actividade foi como premio á mellor decoración de aula no Nadal.
Acompañaron as profesoras: Inma Mato, Mar Seara e Isabel Viñuela.




















XII SC/A SAÚDE: "A PESTE DE TUCÍDIDES", PROGRAMA DE RADIO


 O alumnado da asignatura de Grego 2ºBAC preparou a lectura de varios textos de "A Peste de Tucídides", para un programa de RadioFiestra como modo de participación na Semana Cultural de "A Saúde".

Nárrase a peste sufrida por Atenas no segundo ano da guerra contra Esparta (430 a.C.).

Podedes escoitalo nesta ligazón:

"A PESTE DE TUCÍDIDES" (audio)

XII SC/A SAÚDE: CHARLAS SOBRE PSICOLOXÍA


 Alumnado de 2ºBAC ofreceron charlas sobre psicoloxía a alumnado de 2ºESO.






Outro alumnado de 4ºESO tamén diron charlas noutros grupos sobre o Síndrome de Ulises, tamén coñecido como síndrome do emigrante con estrés crónico e múltiple, trátase dun forte malestar emocional que viven as persoas que tiveron que deixar atrás el mundo que coñecían en situacións extremas. É un cuadro psicolóxico que sufren millns de persoas no mundo.​ O nome inspírase no héroe mítico Ulises, que vivíu innumerables adversidades e perigos lonxe dos seus seres queridos. Calcúlase que en España, por exemplo, hai unhas 800.000 persoas afectadas por este síndrome.