19/05/22

PESAR POLA MORTE DE DOMINGO VILLAR


 Foto: Marta G. Brea

Manifestamos o noso profundo pesar pola inesperada morte do escritor vigués Domingo Villar (Vigo, 6 marzo 1971 / 18 maio 2022). Escritor de novela negra, distinguido con múltiples premios, creador do personaxe do inspector Leo Caldas, protagonista dunha triloxía de novelas. Os seus libros traducíronse a máis de quince idiomas. DEP.

+ info:

- DOMINGO VILLAR @ Wikipedia

- @ NósDiario:

A novela negra está de loito

- @ PrazaPública:

Morre Domingo Villar: o día máis escuro para a novela negra galega

17/05/22

SOMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE PÓDCAST POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022



Concurso de Podcast 2022. Este ano céntrase en Florencio Delgado Gurriarán. gañamos o 1º premio cun podcast titulado A heroica vida de Florencio.
O punto de partida deste proxecto é a reflexión acerca de que é un heroe. Nas noticias viamos diariamente aos refuxiados da guerra de Ucraína, así como aos combatentes que quedaban a defender o país da invasión. Quen é un heroe? O que queda a loitar ou o que deixa todo? Como sinalou un estudante nunha redacción, “un heroe pode ser un bombeiro, pero tamén os que escapan do lume son heroes”. A partir destas reflexións, achegámonos á figura de Florencio Delgado Gurriarán, quen se exiliou en México por mor da Guerra Civil española. Obtivemos información sobre a súa vida e os seus poemas no libro de Héctor Cajaraville Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, do que se inclúen fragmentos no podcast.
Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO co profesor Arcadio Gonzalez.

 

04/05/22

THEODOR KALLIFATIDES VISITA O "RAFAEL DIESTE"


 Hoxe temos o privilexio de recibir a visita do escritor sueco de orixe grega Theodor Kallifatides que dará unha conferencia para o alumnado de 1ºBAC.

Como xa anunciamos, recibimos pasado o mediodía, a visita do escritor THEODOR KALLIFATIDES que falou co alumnado de 1ºBAC da súa vida, obra e traxectoria vital como escritor. 
O acto foi presentado por dous estudantes de 1ºBAC do centro:
 Xenia Knorr, alumna suíza que estudia no noso centro este curso e cuxa nai é de orixe grega, quixo recibir ao escritor con unha introducción en grego.
 Outro alumno, Tiago Salaño comentou a breve presentación en imaxes sobre el.
A profesora de inglés do centro, Hilda Fraga, fixo de intérprete durante a charla.
O escritor respostou tamén a todas as preguntas que o alumnado tiña preparadas sobre as súas obras, as súas opinións personais e sobre a situación do seu país natal, de Europa e a actualidade. 
Esta visita foi todo un luxo para o noso instituto!
Máis abaixo tedes a ligazón á noticia na prensa local ["La Voz de Galicia"].





Foto: Ana Cepri

03/05/22

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2022 NO 'RAFAEL DIESTE'


Este ano como celebracións do Día do Libro 2022, Bibliodieste preparou unha serie de actividades:

Para empezar, o alumnado fixo recomendacións artísticas dos seus libros favoritos.



Homenaxeamos ás nosas gañadoras da XVI convocatoria do Premio Literario "RITA SUÁREZ AMADO", do curso pasado 2021.  Acaba de publicarse o libro cos mellores relatos e poesías.


Finalmente, remataremos as celebracións coa presencia de THEODOR KALLIFATIDES que charlará con todos nós mañá mércores 4 de maio.
 

02/05/22

'BOOKCROSSING' NO "RAFAEL DIESTE"


 No "RAFAEL DIESTE" practicamos o 'bookcrossing' ou 'intercambio de libros'. No patio central temos instalado este punto de intercambio de libros donde podemos darlles unha segunda oportunidade aos nosos libros traendo uns e levando outros que nos poidan interesar...