24/10/22
24-O: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022
21/10/22
FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA 2022 ALUMNADO 1ºESO
10/10/22
HORA DE LER 2022-23: HORARIOS TRIMESTRAIS
06/10/22
ANNIE ERNAUX, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2022
A escritora francesa Annie Ernaux foi galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, según comunicou o secretario da Academia Sueca, Mats Malm na sede da institución en Estocolmo hoxe.
Ernaux é so a muller número 17 que gaña o Nobel de Literatura no seus 123 anos de historia e era unha das favoritas deste ano.
O xurado destaca que se lle concede o premio "pola súa coraxe e agudeza clínica coa que descubre as raíces, os estranxamentos e as restricións colectivas da memoria persoal". Ernaux cre "na forza liberadora da escritura". O seu traballo é intransixente e está escrito nunha linguaxe sinxela e limpa.
+ info:
- wikipedia: ANNIE ERNAUX
- a noticia no xornal "EL PAÍS":
A escritora francesa Annie Ernaux gaña o Premio Nobel de Literatura 2022
03/10/22
CONVOCATORIA DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022-23"
Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas
Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:
I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.
V.-
PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!