Este sábado 12 de novembro vimos de participar nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O noso centro foi invitado a participar na mesa redonda sobre "Novas Linguaxes na Biblioteca". En ausencia de Arcadio Novoa, coordinador da radio neste curso e responsable, xunto co alumnado participante, do programa de radio "A heroica vida de Florencio Delgado", Carlos Lens, coordinador da radio o curso pasado, encargouse de contar a experiencia, tanto da radio en xeral como da elaboración do podcast gañador do premio do día da letras galegas.
14/11/22
10/11/22
O POETA VENEZOLANO RAFAEL CADENAS, PREMIO CERVANTES 2022
Ven de coñercerse a concesión do Premio Cervantes 2022 ao poeta venezolano Rafael Cadenas. É a primeira vez que un venezolano recibe o máximo premio literario da lingua castelá.
+ info no xornal "El País":
O poeta venezolano Rafael Cadenas gaña o Premio Cervantes 2022
09/11/22
OS CLUBES DE ENCONTROS DE "BIBLIODIESTE"
Na Biblioteca organizamos unha actividade nova: os Clubes de Encontros. Estes clubes están abertos tanto ao profesorado como ao alumnado, e pódese tomar parte como coordinadores ou como participantes.
A xente que coordina e organiza o club arredor dun tema que lle interese, fai a súa proposta apuntándose no cartel que está na cortiza á dereita da porta da Biblioteca. A temática é libre, o que lle interese a cadaquén.
Xa temos clubes de español, wolof, circuítos eléctricos e linguaxe de signos, coordinados por alumnado, profesorado e mais por Cristina Rubio, a nosa interprete.
Unha vez organizados, cada club reunirase durante un recreo un día á semana (poden ser máis) na biblioteca e terá a duración que decidan as persoas que o integran.
Se vos interesa, apuntádevos.
02/11/22
ACTIVIDADES DE SAMAÍN: CONTOS DE MEDO
Alba, Paula, Angélica, Roque e Lía, xente de 1º Bacharelato, aficionados a facer teatro sen escenario, adapaton un conto de medo para a rapazada de 2º ESO: bruxa, oso, persecucións entre cabazas e morcegos.
Durante varios recreos, voluntarios de 2º da ESO léronnos contos elaborados por rapaces e rapazas. A luz dos candís e as voces misteriosas puxeron o punto de espanto á actividade.
Moitas grazas a todo o mundo.