18/04/23

XIII SC / CHARLA-COLOQUIO CON ALFONSO GÓMEZ CRUZ, ALCALDE DE XENEBRA (SUIZA)








Por cuestións de axenda, hoxe tivemos unha última actividade que se incluiría dentro da Semana Cultural 2023. Tratouse da oportunidade de contar no noso instituto cun alcalde dunha cidade europea. Hoxe estivo charlando co noso o alumnado o galego Alfonso Gómez Cruz, orixinario de Corme (A Coruña), que na actualidade é o alcalde da cidade suiza de Xenebra
Falounos da realidade dunha ciudade europea actual cos seus problemas, realidades e posibles solucións desde o punto de vista da sostenibilidade e a ecoloxía pola súa militancia no partido dos Verdes.

Video da cidade:

14/04/23

VISTA DA ESCRITORA VASCA EDURNE PORTELA AO "RAFAEL DIESTE"




Hoxe visítanos a escritora vasca Edurne Portela que ven a falarnos da súa última novela "Maddi y las fronteras".
Sinopse da novela:

Unha tarde de outono de 2021 Edurne Portela recibe unha chamada na que lle ofrecen unha serie de documentos históricos relacionados con María Josefa Sansberro, coñecida como Maddi, nada en Oiartzun en 1895 e que rexentara un hotel moi popular nos anos trinta do século XX aos pes do monte Larrún, na fronteira entre España e Francia. A primeira vista, Maddi xa se revela como unha muller inquietante e chea de contradiccións, que traspasou moitas fronteiras tanto físicas como morais: contrabandista e mugalari, fervente católica e divorciada, muller sen fillos e nai, servidora dos nazis e axente da Resistencia. A autora acepta o reto de meterse de cheo neses documentos e, a partir de aí, imaxinar a Maddi: a súa voz e a súa mirada, os seus desexos e anhelos, os seus motivos e razóns, os seus afectos.

   Así se escribe "Maddi y las fronteras", unha novela sobre unha muller que non se axustaba ás convenciones da súa época, que cruzou todas as liñas vermellas, unha muller que fixo o que ninguén esperaba dela.