20/06/23

ROTEIRO URBANO LUGRÍS




 



O alumnado voluntario da biblioteca participou hoxe nunha actividades organizada polo IES Urbano Lugris e destinada a coñecer a obra do pintor en A Coruña, a súa cidade natal,  onde viviu e deixou a súa pegada.

VISITA Á BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN

Para rematar o curso, o alumnado dos clubes de lectura visitou onte a Biblioteca "Rosalía de Castro". Curiosidades e historias sobre o patrimonio de A Coruña que se atopan no depósito desta biblioteca.





 

17/06/23

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN DENDE "BIBLIODIESTE"






 Como todos os cursos, facemos recomendacións para seguir lendo durante as vacacións de verán. A disfrutar!

15/06/23

RETORNO AO MEDIEVO NA BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE"




Estes días celebráronse unhas xoranadas medievais desfrutando dos xogos que fixo o alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO coa profesora da asignatura isabel González. Previamente tamén o alumnado deste nivel realizaron unha excursión ata o Castelo de Moeche.
Na última das fotos superiores a profesora Isabel González e profesores do equipo de biblioteca caracterizados para a ocasión.

12/06/23

GAÑADORAS DO SEGUNDO CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS MÍNIMAS"


 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, convocouse por segunda vez o concurso de microrrelatos. Na categoría da ESO, as gañadoras foron Laura Mora e Julieta Pérez. En Bacharelato, o premio é para Guillermo López.

Parabéns para os tres!

10/06/23

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2ºBAC 2023 DO "RAFAEL DIESTE"




Discurso do director: Mateo Torres Neira


Os presentadores: Clara Roca de Miguel e Bruno Carou Barreiro


Os titores de 2ºBAC: Hilda Fraga, Carolina Muiño e Ramón Barreiro


Actuación musical de Alba Filgueira Fernández


Discurso de Ana Pita Gismero


Onte celebrouse, como é costumbre, o acto de Graduación da Promoción 2022-23 do IES "Rafael Dieste". Cos nervios pasados, posto que a maioría xa teñen feitos os exames da ABAU, o alumnado, que rematou os seus estudos no noso centro, xuntouse coas súas familias e o profesorado a celebrar o momento no auditorio do Conservatorio Superior de Música.
Parabéns e moita sorte no seu futuro!

03/06/23

VII TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2023 NO "RAFAEL DIESTE"




Este venres 2 de xuño tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no noso IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en A Coruña. Enfrentáronse alumnado finalista dos centros IES "Salvador de Madariaga", IES "Urbano Lugrís", IES "Fernando Wirtz", IES Plurilingüe "Rafael Dieste" e IES Plurilingüe "Pedra da Águia".
Antes de xogar a final, toda a rapazada participou en partidas simultáneas co Mestre internacional de Xadrez Jacobo Caselas. As partidas foron moi disputadas e todas as persoas deron o mellor do seu xogo nos taboleiros.
Ainda que polo de agora a asistencia non é aberta ao público en xeral, a xornada contou cunha nutrida presencia do alumnado dos centros participantes.
Na categoria da ESO o gañador nesta edición 2023 foi Manuel Tomé Pérez, en na categoría de Bacharelato/FP a gañadora foi Ana Nieto Pérez, ambos do IES "Fernando Wirtz". Parabéns a todos os xogadores que quedan emprazados para próximas edicións.