24/02/24

Día internacional da nena e da muller en ciencia con Estíbaliz Espinosa






O domingo 11 de febreiro celebramos o Día internacional da nena e da muller en ciencia coa visita de Estíbaliz Espinosa. Escritora galega de poesía, ensaio, relato e tradución, visitounos para conmemorar a data connosco. Esta rara avis naceu en A Coruña en 1974. É unha científica pouco habitual por ser tan polifacética en non respectar as etiquetas usuais; ademais de estar licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica, é cantante e comunicadora de ciencia, astrónoma afeccionada.

Falounos do efecto Matilda. Este efecto implica que aínda que hai moitas mulleres importante na ciencia ao longo da historia e mesmo na actualidade,  a sociedade non lles deu o recoñecemento. Falounos tamén dos marabillosos  camiños que abre a posibilidade de mesturar ciencia e poesía.

Unha conferencia interesante e moi inspiradora.

09/02/24

Entroido na biblioteca




Para celebrar o inicio do entroido, na biblioteca organizamos un obradoiro de maquillaxe e un photocall, Para mostra, un botón nas fotos! Pasádeo ben!!