13/04/12

LORENZO SILVA NO INSTITUTO


Hai uns días recibimos a visita do escritor LORENZO SILVA quen nos veu falar da súa obra en xeral e do libro Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia, en particular. Aínda que estudou Dereito e exerceu de avogado, auditor de contas e asesor fiscal, a súa vocación é escribir, como el mesmo recoñece. Por iso na actualidade escribe, ademáis de novelas, guións para cine e televisión, e colabora habitualmente na revista do Semanal. 

O libro Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia trata dunha familia de inmigrantes polacos que se instala a vivir en Getafe, onde son acollidos pola xente do barrio con bastante recelo. Só Laura, a protagonista da historia, síntese atraída por eles, e comeza unha amizade con un dos fillos, Andrés, de dezaseis anos.

Outra das súas obras, la flaqueza del bolchevique, que foi levada ao cine, trata dun executivo que empotra o seu coche contra o descapotable dunha “pija” madrileña, o que lle ocasiona un lío coa policía e o seguro e incítao a aniquilar psicolóxicamente á muller. Pero un día, cando o acoso está no seu punto máis disparatado, vese atrapado nunha historia de amor poética e desgarrada coa irmá da súa vítima.



XA PODES PEDIR NA BIBLIOTECA O LIBRO E A PELÍCULA.

12/04/12

MÁIS RECURSOS PARA AS AULAS E TITORÍAS

Onte falabamos de recursos para as aulas. Pois ben, aquí vai unha segunda entrega. Esta vez trátase dunha recopilación de escenas das mellores películas sobre educación, películas nas que o protagonista é un profesor e a educación o fío condutor.
Espero que disfrutedes desta selección e que vos sexa útil.



Para completar esta entrada, un par de enlaces relacionados sobre "cine nas aulas"
http://www.blogger.com/profile/11463440006218651562
https://docs.google.com/document/pub?id=1RRwHPi3GzTTY47rn4vcz7uLyTexXbFNztB0leWjOp-M#h.v41rtp1lqnuo

11/04/12

RECURSOS PARA AS AULAS E TITORÍAS



Moitos de nós usamos xa con frecuencia vídeos de YouTube nas clases. Pero seguro que non coñecemos moitas das posibilidades que nos ofrece esta rede social. Por iso presentámosvos este enlace no que podedes atopar dez trucos para un mellor aproveitamento de YouTube nas aulas.


Ademáis queremos recomendarvos a serie Escépticos da ETB, creada e dirixida por José A. Pérez. Consta de trece capítulos sobre temas como o cambio climático, os fenómenos paranormais, a pseudociencia ou a viaxe á lúa. Cremos que esta serie pode ser interesante para debatir cos alumnos sobre estes temas nas titorías ou nas horas de atención educativa.


Esperamos que esta información vos sexa de utilidade.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER