Entre o 27 de febreiro e o 3 de Abril teremos no patio interior do Instituto unha exposición titulada A MULLER E A MATEMÁTICA para homenaxear á muller traballadora. A exposición, organizada polo Departamento de Matematicas, fai un percorrido cronolóxico dende a época sumeria ata os nosos días a través dunha serie de mulleres cuxo papel foi fundamental para o avance da ciencia.
Aproveitade esta oportunidade para coñecelas e saber o que fixeron, porque son un exemplo para todos NÓS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario