03/04/09

50 ANOS DA ESMORGA

A Esmorga, un clásico da literatura galega, é a primeira novela en galego de Eduardo Blanco Amor. A obra publícouse en Bos Aires o 3 de abril de 1959, ante a imposibilidade de ser publicada en Galicia a causa da censura franquista.
A celebración do cincuentenario é un bo momento para que leades ou releades este libro, unha das mellores novelas da literatura galega.
Tamén podedes aproveitar estas vacacións para coñecer Ourense e facer o itinerario seguido polos tres esmorgantes. Está sinalizado con oito placas de cerámica: A primeira placa tédela na Avda. de Zamora, diante da antiga Delegación de Sanidade, onde estaría a taberna da tía Esquilacha, e logo no lavadoiro das Burgas, a fonte de San Cosme, o canellón de Pena Vixía, a Praza do Correxidor (detrás da Catedral), a Fonte do Rei, a rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal) e a Praza Maior.
Durante todo o mes de abril tedes na biblioteca unha exposición sobre A Esmorga, arredor da que se farán tamén unha serie de actividades.

E unha nova de última hora:
Hoxe fallouse o Premio Blanco Amor. A novela premiada foi Monte Louro de Luís Rei Núñez.

DIME O QUE LES, E DIREICHE QUEN ES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario