26/05/09

CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA


Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centros: Colexio Calasancias, Colexio Liceo La Paz, Instituto de Monelos e Instituto Rafael Dieste. Este ano tocounos a nós ser os anfitrións e houbo sorte: na modalidade de 4º de ESO o gañador foi un alumno do Liceo La Paz, pero na modalidade de 3º da ESO o gañador foi un alumno noso, ISRAEL ROCHA BORGES de 3º A. Desde aqui mandamos os nosos parabéns aos dous, aínda que moi especialmente a Israel que tivo unha actuación realmente brillante, xa que acertou as 40 preguntas que lle fixeron.

NORABOA ISRAEL!

2 comentarios:

  1. arquivos do trasno1 de xuño de 2009, 21:17

    Grazas a ti, Israel, por amosar unha actitude tan positiva cara á cultura clásica. Rapaces coma ti son os que nos dan ánimo aos profesores para seguir.

    ResponderEliminar