21/11/09

PIRATAS NA BIBLIOTECA

Premede sobre a imaxe se queredes saber máis sobre piratas

Hai personaxes que sempre están de actualidade e iso é o que sucede cos piratas, eses personaxes audaces e temibles que a literatura e o cine contribuíron a dotar dunha aura novelesca bastante lonxe da realidade. Quen non lembra ter lido algún libro que tivera por protagonista a un deles, coa súa bandeira negra, a súa calivera, os seus tesouros agochados e unha morea de elementos máis asociados, que non aceptaban ningún tipo de autoridade e eran os donos do mar?
Pois si, están de actualidade, pero esta vez non foi o cine nin a literatura quen os resucitou senón os medios de comunicación, porque agora os seus obxectivos son os países occidentais que se atreven a navegar polo Índico, entre eles España. Mais como di M.A. Murado no seu artigo de hoxe Patente de corso, é curioso como a historia se pode volver contra un en calquera momento, porque a maioría deses países fixéronse ricos no seu día con procedementos semellantes.
Os piratas de hoxe xa non levan un parche no ollo, nin a pata de pau pero son tamén produto da miseria, man de obra barata da que se aproveitan outros que non expoñen a súa vida no mar.
QUEN SE APUNTA A COÑECER OS MÁIS FAMOSOS PIRATAS DE TODOS OS TEMPOS?

SE VOS DECIDIDES PASADE AXIÑA POLA BIBLIOTECA PORQUE ESTÁN MOI SOLICITADOS.

ADEMAIS, SE PRETENDEDES ENROLARVOS COMO MARIÑOS NALGÚN BARCO VELEIRO É INDISPENSABLE QUE ENTREDES AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario