18/12/09

AGASALLOS NADAL (3)

Este ano non vos imos dar ningunha guía de lectura de Nadal pero si vos imos recomendar algún libro que podedes regalar ou que podedes pedir de regalo.
  • Para os que estades no 1º ciclo da ESO, xa que temos este mes a bibliteca chea de piratas, podedes ver vós mesmos na exposición os libros que máis vos gustan. Se queredes clásicos de piratas, ide directamente a Peter Pan de Matthew Barrie, A illa do tesouro de Stevenson, O Corsario Negro de Salgari e se preferides outros máis modernos tedes Os piratas da illa da Esperanza de Rivadulla Corcón ou Pirata de María Reimondez, publicados por Xerais. E sen ser de piratas tedes tamén libros preciosos para regalar como El Principito da ed.Salamandra ou Emily the Strange. Los días perdidos de ed. SM ou Charles Darwin: la aventura de la evolución de Ed. Montena.
  • Aos do 2º ciclo da ESO que queiran viaxar este Nadal sen se mover da casa recomendaríamoslles Breve guía de lugares imaginarios, editado por Ed. Alianza; Bajo la jaima. Cuentos populares del Sahara de ed. Miraguano; El pequeño gran libro de la ignorancia de Lloyd e Mitchinson; O home que plantaba árbores, editado por Xerais, Eskoria, editado por SM ou Sidecar de Alberto Lema.
  • E finalmente os de Bacharelato tedes libros como Sol de inverno de Rosa Aneiros, El blog del inquisidor de Lorenzo Silva, Los girasoles ciegos de Alberto Méndez ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, que seguro que vos gustarán.

Ademais podedes botarlle un ollo aos libros que chegaron este trimestre á biblioteca no enlace NOVIDADES, situado en ENLACES BIBLIOTECA na páxina principal do blogue.

2 comentarios:

  1. Os nosos mellores desexos para o 2010!!
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Tamén vos desexamos un feliz ano e moitos ánimos para seguir no camiño emprendido. Unha aperta

    ResponderEliminar