10/04/10

2500 ANOS DA BATALLA DE MARATÓN


Este ano os gregos celebran os 2500 anos da batalla de Maratón que puxo fin ás primeiras Guerras Médicas, unha serie de enfrontamentos entre gregos e persas. Nesta batalla, celebrada o ano 490 a.C. na chaira de Maratón, situada aproximadamente a corenta e dous quilómetros de Atenas, conta a lenda que os atenienses, temerosos de non poder vencer aos seus inimigos, mandaron a un soldado chamado Filipides a pedir axuda aos espartanos. Filipides cumpre o seu encargo, e despois de percorrer 240 quilómetros de ida e 240 quilómetros de volta en dous días e dúas noites, chega a Maratón e continúa loitando ata que vencen aos persas e de novo é enviado como mensaxeiro ata Atenas para anunciar a vitoria. Malia ser un atleta, o esforzo realizado por Filípides foi tan grande que tan só lle deu tempo a dicir: "nenikekamen" e caeu morto.

Na súa memoria instituíuse unha proba atlética de resistencia denominada maratón na que os corredores teñen que percorrer tamén 42 quilómetros ata chegar á meta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario