21/02/11

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

No ano 1999 proclamouse o Día Internacional da Lingua Materna na Conferencia Xeral da UNESCO coa finalidade de protexer e promover todas as linguas do mundo. Dende entón cada ano elíxese un tema para conmemorar esta data. Este ano o tema elixido é As tecnoloxías da información e da comunicación para a protección e a promoción das linguas e da diversidade lingüística.
Esta é a mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova con motivo do Día Internacional da Lingua Materna 2011.

No mundo fálanse moitas linguas pero non todas teñen as mesmas posibilidades para continuar existindo. Este é o caso das denominadas linguas minorizadas, que teñen restrinxidos os seus usos sociais porque comparten territorio con outros idiomas denominados oficiais.

E xa que vivimos en Europa, entrade AQUÍ e veredes a cantidade de linguas que existen só no noso continente, e ademais poderedes coñecer un pouco de cada unha delas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario