24/03/11

WHITE RAVENS 2011

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo, premio Lazarillo 2009 e Premio Fervenzas Literarias 2010, e Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto & Chinto, tamén Premio Fervenzas Literarias 2010, estarán este ano na exposición The White Ravens coa que comeza cada ano a Feira do Libro per Ragazzi de Boloña.
Os White Ravens son unha distinción que vén outorgando dende hai 15 anos a Internationale Jugendbibliothek de Múnic aos 250 libros de literatura infantil e xuvenil máis destacados do mundo cada ano.

Moitos do vós xa coñecedes o libro de Marcos Calveiro porque o lestes ou ben o estades a ler n'A HORA DE LER.

DENDE A BIBLIOTECA ENVIAMOS UNHA SINCEIRA E AFECTUOSA NORABOA AOS PREMIADOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario