Rematou a voráxine da semana intercultural. Agora temos que organizar e seleccionar todas as fotos que fomos tomando para poñervolas aquí. De momento deixámosvos como anticipo dúas fotos dos dous últimos días: unha da parella de tango e outra do grupo senegalés. Moitas grazas a Leonardo e a Karina que nos deleitaron con dous fermosísimos tangos que poidemos presenciar en riguroso directo, e á ONG Ecodesarrollo Gaia por emocionarnos cos ritmos africanos que nos fixeron bailar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario