24/06/11

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE "Los Rosales"

Hoxe os membros do club de lectura o trasno na rede estivemos na Biblioteca Municipal de Los Rosales  para contarlles un conto  ("Grisela") a nenos de 3 a 8 anos dese barrio. Como a experiencia foi moi bonita queremos facervos partícipes con estas fotos que dan fe do ben que o pasamos. Tamén gravaron o contacontos en video, así que cando o teñamos subirémolo a arquivos.
Por que non vos anotades no club de lectura para o curso que vén?

2 comentarios:

  1. Na Biblioteca do IES As Lagoas temos un agasallo para vós.
    Feliz verán!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo voso recoñecemento. Os agasallos imprevistos son os que máis emocionan.

    ResponderEliminar