26/01/12

MÚSICA PARA A PAZ

Como xa vos anunciamos o pasado día 24, xa estamos metidos nas actividades do DÍA DA PAZ. E qué mellor que celebrar a paz con música!. "A música calma as feras", dicían os antigos e simbolizábano co mito de Orfeo. A música "pode amansar e humanizar á fera feroz que levo dentro", di Manuel María na Ode a Orfeu. E nós, seguindo e respectando aos que nos precederon, imos comezar a celebrar a paz con recunchos musicais nos recreos ao longo de toda a semana que vén. Deixámosvos o calendario dos recunchos para que poidades elixir o que máis vos guste, claro que podedes vir a todos. Tamén podedes ir ensaiando porque nalguns dos vídeos que hai a continuación tedes as letras.
ÁNIMO E....FAGAMOS KARAOKE!

LUNS  2º RECREO: Color esperanza de DIEGO TORRES



MARTES 1º RECREO: La muralla de ANA BELÉN  e VÍCTOR MANUEL



MARTES 2º RECREO: Un millón de amigos de ROBERTO CARLOS



MÉRCORES 1º RECREO: No dudaría de ROSARIO FLORES



MÉRCORES 2º RECREO: Viva la gente, cantado por moita XENTE



XOVES 1º RECREO: Heal the world de MICHAEL JACKSON



XOVES 2º RECREO: Imagine de JOHN LENNON



VENRES 1º RECREO: Aquarela de TOQUINHO



VENRES 2º RECREO: Soldados de la paz

Ningún comentario:

Publicar un comentario