10/01/12

O TRASNO NA REDE

Os membros do trasno na rede (club de lectura do IES Rafael Dieste) queremos facervos partícipes do que estivemos a facer no primeiro trimestre:
  1. En outubro limos e comentamos El río que se secaba los jueves de Víctor González
  2. En novembro as Greguerías de Ramón Gómez de la Serna
  3. En decembro "a fauna máxica" que aparece na obra Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro para commemorar o centenario do nacemento do autor, e El misterio de la cripta embrujada de Eduardo Mendoza. 
  4. En poesía estamos lendo poemas sobre a nenez para a fin de curso publicar a selección. 
Podedes ler toda a información ao respecto no blog que xestionamos os compoñentes do club.
Este curso queremos dedicarlle un tempo tamén aos cómics e ao cine. 
As reunións son quincenais, os martes de 18.10 a 18.40, e gustaríanos animarte a que acudas ás próximas reunións que comezan hoxe martes 10 de xaneiro e coas túas suxestións enriquezas o club.

Ningún comentario:

Publicar un comentario