05/03/12

DECÁLOGO

Hai uns días caeu nas nosas mans este decálogo que hoxe queremos compartir con todos os que ledes arquivos. Estamos de acordo en que é así de sinxelo, tal como di o slogan: "Se ti les, eles tamén len". Se de verdade nos gusta ler ou visitar museos, a eles tamén lles gustará. Pero para iso hai que practicar co exemplo.


DECÁLOGO PARA UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA

1. ANIMA á lectura incluso antes de que o neno-a aprenda a ler.

2. CONTA contos aos nenos e nenas, recítalles rimas e poesías en voz alta.

3. LE libros, periódicos, revistas... para dar exemplo.

4. ACOMPAÑA aos teus fillos-as a visitar exposicións, asiste a funcións de títeres, teatro e outros espectáculos culturais.

5. COMPARTE e comenta as lecturas.

6. DESFRUTA acompañando os teus fillos- as a lugares onde hai libros: librerías, bibliotecas... Anímaos a acudir a biblioteca do colexio e do pobo.

7. COIDA a biblioteca familiar e dedica un espazo para os libros.

8. APRECIA e le con eles as publicacións que se fagan no colexio.

9. LEMBRA que a compra dun libro non é nada excepcional e que en datas sinaladas, non deben de faltar. Considera o prezo dun libro como parte da inversión na educación dos teus fillos-as.

10. VALORA ademais da lectura a importancia de compartir programas de TV, películas, xogos ...Non te obsesiones con que lean por riba de todas as cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario