O 12 de outubro de 1923 saen de Compostela nove universitarios moi de mañá cara ás terras de A Mahía dispostos a chegar ata a casa do Castro de Ortoño onde pasara os primeiros anos da súa vida Rosalía de Castro. Uníaos o desexo de coñecer Galicia con fondura e rigor e a divulgación posterior das súas pescudas. Con este obxectivo organizaríanse posteriormente en diferentes equipos de traballo: etnografía, prehistoria, arte, historia, literatura, economía... dirixidos por persoeiros como Risco, Cuevillas, Castelao ou Otero, que xa daquela eran referentes entre a intelectualidade galeguista.
Alí, na casa onde vivira Rosalía de Castro, celebraron a primeira reunión de traballo do que logo sería coñecido como SEG, unha institución que tivo un papel fundamental na recuperación do patrimonio artístico e cultural galego e no nacemento do ensaio en lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario