19/12/12

PREMIO DA CRÍTICA 2012: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O premio de creación literaria dos Premios da Crítica 2012 este ano foi para Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, publicada por Edicións Xerais. Esta obra xa acadara o premio AELG ao mellor libro infantil e xuvenil 2012. Miguelanxo Prado, que xa ilustrou outras obras deste autor,encárgase das ilustracións.
 O xurado dos premios da crítica apuntou como razóns para premiar esta obra "a súa capacidade de enfiar cine e literatura na arquitectura da novela, unha das marcas poéticas do autor; o tratar problemas da sociedade de hoxe que levan  á invisibilidade dos excluídos, aínda que a historia se sitúe nunha etapa anterior á crise; o facelo con humor, fina ironía e unha ollada atenta aos problemas profundos da nosa sociedade; e, por último, pola súa mensaxe final que, malia as denuncias, está cargada de optimismo e esperanza nun futuro mellor."

Ningún comentario:

Publicar un comentario