23/04/13

Día do Libro: "SÓ UN LIBRO"


No Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasállanos a todas as Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e seducir as lectoras e os lectores, mesmo a aqueles que de principio non están especialmente motivados pola lectura.
O  "monólogo" comeza así:


Non sei que facer.



Miña irmá regaloume un libro.

Un libro.

Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.

Un libro

Por que?

Que lle fixen eu?

Ningún comentario:

Publicar un comentario