21/10/13

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, 

os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. 

tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano 

con Francisco Castro

que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura

centrada no desenvolvemento da creatividade, a 

experimentación literaria e o pracer de escribir.


Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.
Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.
Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario