28/11/13

FINA CASALDERREY NA RAG



Fina Casalderrey ven de ingresar na Real Aacademia Galega, cun discurso que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra, eloxiando a infancia como un tempo de imaxinación e xermolo da ficción.
Deixámosvos cun enlace sobre o acto: INGRESO DE FINA CASALDERREY NA RAG.
e outro ao discurso de ingreso: VIAXE Á SEMENTE: DENDE OS REFACHOS DO CORAZÓN ATA ONDE HABITA O IMAXINARIO.


26/11/13

RAFAEL DIESTE NA BIBLIOTECA


Este ano dedicaremos a última semana de decembro ao escritor que dá nome ao noso centro, RAFAEL DIESTE. Como xa fixemos con Cunqueiro, Celso Emilio e Rosalía, proxectaremos unha presentación sobre a vida e a obra deste autor, e leremos textos dalgúns relatos da súa obra "Dos arquivos do trasno". Por certo...que nome ten o blog da biblioteca? Pois iso, somos fans de Dieste, somos BIBLIODIESTE. 



22/11/13

O VALEGO: O GALEGO DE ESTREMADURA


O filólogo Henrique Costas ven de publicar "O VALEGO", un libro que trata sobre o xeito de falar de orixe galego que teñen nos concellos estremeños do Val de Ellas: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello. 
Enlace ao artigo de "La Voz de Galicia": AQUÍ.

Henrique Costas: «Teñen arcaísmos desaparecidos en Galicia hai séculos»

21/11/13

IMPUNIDADE POLO PRESTIGE



A sentenza, feita pública cando se están a cumprir os 11 anos da catástrofe do Prestige, absolve aos acusados de "delitos mediambientais". Ante o estupor, a memoria, sempre a memoria, porque tamén o dicía de todas as manerias posibles El olvido que seremos...

A memoria en forma de libros:
E outros que aparecen no seguinte enlace.  

Máis enlaces de memoria dende outras blogues de bibliotecas:
- QUE NO NOS QUITEN A MEMORIA
- 11 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE
- GOAS NEGRAS
En educación, sempre estamos a traballar coas mesmas idades e con distintos alumno e alumnas. É nosa miseria (o mito de Sísife) e a nosa grandeza.

20/11/13

"EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA", TEATRO NA CORUÑA




O venres un grupo de alumnos do club de lectura de Bacharelato e os profesores encargados fomos ao teatro Rosalía de Castro a ver a obra "El chico de la última fila", de Juan Mayorga:



Germán, profesor de Bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos sobre o que fixeron durante a fin de semana, observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto aparece unha redacción ben escrita.



Así é como comeza esta obra. Se queredes ler máis, preguntade por ela na biblioteca.



19/11/13

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013


A escritora mexicana Elena Poniatowska gaña o premio Cervantes 2013. A periodista é autora de libros como 'Hasta no verte, Jesús mío', 'La piel del cielo' e 'Leonora'. Con 81 anos é a cuarta muller que recibe o premio.

+ información neste enlace do xornal "El País".

17/11/13

FALECE A ESCRITORA DORIS LESSING


A escritora británica Doris Lessing, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2007, faleceu onte á noite á idade de 94 anos, segundo ven de informar o xornal británico The Guardian. Nacida en Irán, creceu en Zimbabwe, onde escribiu a súa primeira novela "The Grass is Singing" ("Canta a herba"), pero viviu en Londres durante máis de medio siglo, escribindo máis de 50 novelas entre a política e a ciencia ficción.

A noticia en "EL HUFFINGTON POST"

Deixámosvos con algunhas das súas reflexións, que comentou nunha entrevista a "El País" en outubro de 2007, cando recibiu o Premio Nobel:


"A guerra e a memoria non acaban nunca"


"A televisión foi o final da conversación; terminou aquelo de sentarnos a comer todos xuntos"

"Teño a idade que teño e sigo enfadada. Sinto como sentía o meu pai: ira, ira, ira pola guerra"

"Este tipo de sociedade tan confiada na que vivimos debe ser única na historia. Cándo pasou isto antes?"

15/11/13

TODO ANA FRANK: O SEU DIARIO E MOITO MÁIS


Ana Frank (1929-1945) a autora do famoso Diario de Ana Frank escribiu tamén numerosas cartas, relatos e poemas ao longa da súa corta vida. Dende o seu escondedoiro de Ámsterdam, donde intentou ocultarse dos nazis coa súa familia entre 1942 e 1944, a cronista máis recoñecible do Holocausto soñou con facerse un hoco na literatura unha vez rematada a II Guerra Mundial. Durante un tempo, tambén encheu unha libreta, que chamou Diarid de Exipto, con recortes dunha revista de arte. Unha producción literaria e epistolar abultada -varias das súas cartas e o diario ilustrado permanecían inéditos- que se reuníu por primeira vez nun so volume polo Fondo Ana Frank, de Basilea.

Titulado simplemente Anne Frank, Verzameld Werk (Obra completa) ten 710 páxinas, inclúe fotos da nena, a súa familia e entorno, así como varias versións do Diario. Unha obra escrita nunha libreta con tapas de tela que ela chamou Kitty, e refíxo en 1944 cando oíu pola radio que pezas como a súa serían recopiladas tras a contenda. O primeiro borrador, a versión mellorada e a edición publicada en Holanda en 1947 aparecen xuntas no novo libro.
O Fondo de Ana Frank foi creado en 1963 por Otro Frank, o seu pai e único supervivinte dos oito escondidos de Ámsterdam. Ten os derechos da obra da nena, que no seu Diario deixou escrito o siguiente: “Sabes Kitty, o que máis me gusta é que polo menos podo escribir os meus sentimentos e pensamentos. De outro modo me asfixiaría”. En 2009, a súa obra manuscrita foi incluida pola UNESCO na lista de documentos considerados patrimonio mundial.
[Texto Isabel Ferrer, "El País"]

13/11/13

O LIBRO DAS 500 DÚBIDAS DO CASTELÁN


O Instituto Cervantes ven de publicar "LAS 500 DUDAS MÁS FRECUENTES DEL ESPAÑOL".
Estructurado en forma de pregunta/resposta, e desde un enfoque áxil e eminentemente práctico, expón e resolve os principales problemas que se presentan no uso da lingua española. Abordando un amplo grupo de temas: as novas normas de acentuación, os signos de puntuación, as abreviaturas, a concordancia na oración, o uso das preposicións, o queísmo e dequeísmo, o leísmo, o laísmo e o loísmo, os extranxerismos, os erros deo significado, etc. Pola súa orientación práctica, la obra vai acompañada de abundantes exemplos xunto coas explicacións das causas dos erros.
O libro ofrece respostas claras, directas e axustadas á norma académica actual. En definitiva, pretende convertirse nunha ferramenta que axude ao lector a resolver as incertidumes que se lle presentan cando quere seguir os usos considerados correctos.

+ sobre este libro neste enlace nun artigo de "El País" e nun video de RTVE:

Suba ‘p’arriba’ y entre adentro

  Video:

12/11/13

MOITO FACEBOOK, TWITTER E WHATSAPP, MENOS CONCENTRACIÓN?


Hoxe traemos un artigo aparecido na prensa que fala sobre como a obsesión por consultar nas redes sociais e WhatsApp fai surxir un novo fenómeno: a atención parcial continua. 
Os rapaces e rapazas seguen a ler, en pantalla e en papel, pero cústalles máis ver cine. Pasamos moitas horas pegados á pantalla, por traballo, pero cada vez máis por pracer, porque é útil para comunicarnos, que é a nosa prioridade. Comprobamos varias veces ao día se temos novas mensaxes, mantemos varias conversacións en grupo por WhatsApp, consultamos confesións ou noticias en Facebook, Twitter e outras redes sociais... E facémolo sempre, mentras vemos a tele, comemos e incluso nas situacións máis inversímiles... Xa hai moita xente que están alertando sobre os efectos de todo isto.
No gráfico superior están as porcentaxes de lectura entre os menores, diferenciando a lectura en xeral da lectura dixital. Aquí debaixo algunhas das reflexións salientables do artigo de prensa:

- Os menores len moito, pero cambiaron o soporte e o fan de maneira diferente.
Un experto: “A lectura profunda convertiuse nun esforzo”.
“Estamos pendentes de moitas cousas, pero sen chegar a solidificar nada”, di un profesor.
A xente que manexa libros electrónicos dedica máis tempo a ler que antes.

O artigo completo o podedes ler AQUÍ.

Mucho Facebook, ¿poca concentración?

09/11/13

LEXISLACIÓN EDUCATIVA


Se premedes aquí atoparedes toda a lexislación que rexe a educación non universitaria en Galicia. Debemos esta compilación a Ricardo López Saavedra, profesor do IES As Mariñas de Betanzos, quen leva tempo reunindo e actualizando dita información. Como se trata de algo importante para todos nós, poñeremos un enlace na marxe dereita, en enlaces interesantes, para tela a mán cando a necesitemos.

07/11/13

LORENZO SILVA, "A RAÍÑA SEN ESPELLO"


Hoxe facemos a reseña da novela do escritor  LORENZO SILVAque visitou o noso instituto non fai moito tempo, no curso 2011-12: recordádeo AQUÍ. 
Lorenzo é un escritor coñecido especialmente polas súas novelas policíacas protagonizadas polos guardia civís Bevilacqua e Chamarro. Nacido en Carabanchel (Madrid), estudiou Dereito e exerceu como abogado ata o 2002, cando cambiou pola literatura completamente, finalista do Planeta en 1997 e Premio Nadal no 2000.


A novela reseñada é “A raíña sen espello” é novela negra e a quinta novela da serie protagonizada polos guardias civís Bevilacqua e Chamorro, na que terán que enfrentarse ao asasinato dunha célebre periodista casada cun consagrado escritor catalán, o que atrae á prensa máis sensacionalista e somete aos investigadores a unha dose suplementaria de presión.
Reseña sobre "A RAÍÑA SEN ESPELLO"

05/11/13

RECOÑECEDES ESTA MÁSCARA?


Recoñecedes esta máscara? Qué ten que ver co 5 de novembro?

É a máscara de GUY FAWKES.

Esta máscara fíxose famosa mundialmente pola película "V DE VENDETTA", dende entón convirtiuse nun símbolo dos movementos antigubernamentais en todo o mundo. Pero a súa orixe é moi anterior. Por qué se chama a máscara de Guy Fawkes? Por qué se celebra a Noite de Guy Fawkes ou a Noite dos Fogos Artificiais no Reino Unido o 5 de novembro?

Toda a información neste enlace:

Guy Fawkes, o conspirador que inspirou o rostro de Anonymous

Versión en inglés de esta entrada @ ClickOnEnglish

04/11/13

"CAFÉ CON LIBROS": TERTULIAS LITERARIAS NA BIBLIOTECA DE OS ROSAIS


Cada luns e mércores celébranse na Biblioteca de Os Rosais tertulias literarias baixo o título de "CAFÉ CON LIBROS". 
A semana pasada adicaron o luns (28-O) a falar do libro "O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR" de Agustín Fernández Paz. Un libro que fala máis do desamor que do amor, e sobre todo da importancia que ten a lectura na vida das persoas
E o mércores (29-O) volveron a tradición do Día de Todos os Santos lendo "DON JUAN TENORIO" e o costume da súa representación nestas datas, antes de que desembarcara a invasión do "Halloween" norteamericano.

Video "DON JUAN TENORIO":


Esta semana adicaranse a estes libros:
o luns (4-N):
"MIL SOLES ESPLÉNDIDOS" de Khaled Hosseini.

e o mércores (6-N):
"CREMATORIO" de Rafael Chirbes