12/11/13

MOITO FACEBOOK, TWITTER E WHATSAPP, MENOS CONCENTRACIÓN?


Hoxe traemos un artigo aparecido na prensa que fala sobre como a obsesión por consultar nas redes sociais e WhatsApp fai surxir un novo fenómeno: a atención parcial continua. 
Os rapaces e rapazas seguen a ler, en pantalla e en papel, pero cústalles máis ver cine. Pasamos moitas horas pegados á pantalla, por traballo, pero cada vez máis por pracer, porque é útil para comunicarnos, que é a nosa prioridade. Comprobamos varias veces ao día se temos novas mensaxes, mantemos varias conversacións en grupo por WhatsApp, consultamos confesións ou noticias en Facebook, Twitter e outras redes sociais... E facémolo sempre, mentras vemos a tele, comemos e incluso nas situacións máis inversímiles... Xa hai moita xente que están alertando sobre os efectos de todo isto.
No gráfico superior están as porcentaxes de lectura entre os menores, diferenciando a lectura en xeral da lectura dixital. Aquí debaixo algunhas das reflexións salientables do artigo de prensa:

- Os menores len moito, pero cambiaron o soporte e o fan de maneira diferente.
Un experto: “A lectura profunda convertiuse nun esforzo”.
“Estamos pendentes de moitas cousas, pero sen chegar a solidificar nada”, di un profesor.
A xente que manexa libros electrónicos dedica máis tempo a ler que antes.

O artigo completo o podedes ler AQUÍ.

Mucho Facebook, ¿poca concentración?

Ningún comentario:

Publicar un comentario