09/10/14

9 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA VISIÓN


O segundo xoves do mes de outubro foi designado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Mundial da Visión. Ten como finalidade centrar a atención na cegueira, a discapacidade visual e a rehabilitación dos discapacitados visuais.
A nivel mundial, a maior prevalencia da discapacidade visual obsérvase nas persoas de máis de 50 anos. 
O Día Mundial da Visión celébrase en todo o mundo por todas as partes interesadas na prevención da discapacidade visual ou da recuperación da vista. Tamén é a actividade de promoción máis importante para impulsar a prevención da cegueira.

Máis información sobre o ollo e os problemas visuais AQUÍ.





Ningún comentario:

Publicar un comentario