24/01/15

SEMANA DA PAZ

Con motivo da celebración da Semana da Paz, no ano 2009 facíamos
esta entrada que, hoxe, seis anos despois, suscribimos palabra por palabra:


"O día 30 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día da Non Violencia e a Paz en lembranza de Gandhi, o pai da “ahimsa”, que quere dicir loita pola paz con actitudes pacíficas pero comprometidas. Por iso ese día ten que servir para lembrar que a non violencia e a paz non se conseguen nun día, que hai que telas presentes os 365 días do ano. E todos temos moito que facer ao respecto, tamén desde as bibliotecas escolares. O noso labor como educadores é facilitar aos nosos alumnos os instrumentos necesarios para que poidan abrir os ollos ao coñecemento, á comprensión e á aceptación das ideas dos outros e axudarlles a formar un espírito crítico; e unha biblioteca ben aproveitada é un pozo sen fondo de recursos para levar a cabo estes obxectivos. Porque paz non é só ausencia de guerra senón tamén ausencia de discriminación de calquera tipo. E como estamos convencidos de que a lectura en xeral e a poesía en particular son verdadeiramente “armas cargadas de futuro”, as nosas balas para loitar pola paz serán ese día as palabras dos poetas."

Éstos son os textos e cancións que imos ler e escoitar ou cantar nas aulas o próximo venres 30 ás doce en punto


Ningún comentario:

Publicar un comentario