25/03/15

CONCURSOS DA SEMANA CULTURAL.

De cara á Semana Cultural adicada á Historia da Escritura, queremos proporvos unha serie de actividades-concurso, ademáis dos propostos dende o Departamento de Inglés: AQUÍ. Algúns, de feito, repítense ou son similares.

CONCURSO DE CREACIÓN DE NOVAS EMOTICONAS.
- Propoñede novas emoticonas que describan algo necesario por común nas vosas mensaxes de texto.


CONCURSO DE CREACIÓN DE NOVOS PICTOGRAMAS.
- Propoñede novos pictogramas que simbolicen lugares ou funcións necesarias para ser entendidas internacionalmente.
CONCURSO DE MONÓLOGOS 
-Escribide o voso propio monólogo e presentádevos a defendelo ante o público, ou atopade a alguén que o queira defender. O tema será "Erros na lingua". Pode ser sobre erros na ortografía, na acentuación, na pronunciación, na sintaxe etc.

CUESTIONARIO sobre as "CEN CURIOSIDADES DA LINGUA ESPAÑOLA" 
-Se mirades a exposición con atención poderedes responder ás preguntas do cuestionario que estará dispoñible ao longo da semana Cultural.

CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA. Tema libre
-Se vos gusta escribir, podedes presentar un conto, un poema ou un artigo de opinión sobre calquera tema. Só teredes que demostrar que sodes o autor.

CONCURSO DE LECTURA E INTERPRETACIÓN MUSICAL
-Sobre unha partitura en notación non convencional, haberá que facer unha interpretación o máis fiel e orixinal da mesma ante un xurado o xoves 23 de abril.

CONCURSO DE CALIGRAFÍA 
-Nos obradoiros que levaremos a cabo na semana cultural haberá concursos de caligrafía en escritura cuneiforme, xeroglífica, grega, latina, xaponesa, china, rusa e árabe.

BASES
Poderá participar en un ou varios concursos todo o alumnado, individualmente ou en grupo. Todos os textos e debuxos presentados han de ser orixinais e en calquera das linguas oficiais ou que son obxecto de estudo no Instituto. Haberá un premio por cada modalidade.

Entregade os traballos aos vosos titores, profesores ou a calquera dos membros do equipo de biblioteca. Data límite de entrega o mércores 22 de abril, agás no caso do cuestionario e do concurso de caligrafía nos que só se poderá participar durante a Semana Cultural do 27 ao 30 de abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario