10/03/15

FERNANDO LALANA NO "RAFAEL DIESTE"


Hoxe recibiremos no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" a visita de novo dun escritor:, esta vez é Fernando Lalana. O alumnado de 2º e 3º da ESO será quen escoite a súa charla no Salón de Actos do centro, despois de ter lidos algún dos seus libros que temos na nosa biblioteca.

Fernando Lalana, como a última autora que nos visitou Ana Alcolea, é tamén de Zaragoza, onde naceu o 24 de febreiro de 1958, e tamén é escritor de literatura infantil e xuvenil. Pero ademáis de escritor, estudou Dereito. Xa ten recibidos moitos dos importantes galardóns literarios no ámbito da literatura infantil e xuvenil en español, como o Premio Nacional e o Cervantes Chico.   Ten publicadas máis de 120  títulos ata o ano 2014. Unha das súas novelas máis coñecidas "MORIRÁS EN CHAFARINAS" foi incluso levada ao cine.

Máis información @ FernandoLalana.com

Fernando Lalana hoxe no IES "Rafael Dieste":

Ningún comentario:

Publicar un comentario