24/03/15

UN NOVO LIBRO DE ALBERT ESPINOSA


Seguro que vos sona a súa cara, é Albert Espinosa (Barcelona, 5 novembro 1973), este enxeñeiro industrial de formación, é guionista, autor teatral, escritor actor e director de cine. Aos catorce anos lle foi diagnosticado un cancro polo que lle tiveron que amputar unha perna. Sufriu metástase, o que lle fixo estar en hospitais durante 10 anos e esta experiencia vital lle serviría de inspiración para algunhas das súas obras literarias e guións de cine e series de TV, como "Pulseiras vermellas" (da Televisió de Catalunya).
Agora regresa cun novo libro "O mundo azul. Ama o teu caos", que de novo trata de cinco rapaces con enfermidades terminais. Un libro que quere ser un canto á individualidade o que nos gusta facer de verdade para ser felices.

- A súa páxina web, AQUÍ.
- Unha entrevista sobre o seu novo libro en "El País".

Ningún comentario:

Publicar un comentario