15/04/15

ACTIVIDADES SEMANA CULTURAL

Por fin, aquí están as actividades que temos preparadas para celebrar a nosa VI Semana Cultural. Aínda pode haber algún cambio de última hora, do que seríades informados puntualmente. Do horario dos obradoiros informaremos a semana que vén.


Actividades sc from Instituto Rafael Dieste

O acto xeral no salón de actos será o xoves 30 de abril. Haberá que facer 3 sesións para que poidamos asistir todos: a 3ª hora Bacharelatos; a 4ª hora os terceiros e cuartos de ESO; a 5ª hora os primeiro e segundos de ESO.

Aproveitamos para comentaros que hai moitos traballos e moi ben feitos, o que significa que imos polo bo camiño. Quedan poucos días, así que haberá que poñerse as pilas e rematar todo para o día sinalado. ÁNIMO E SEGUIDE TRABALLANDO ASÍ DE BEN

Ningún comentario:

Publicar un comentario