28/11/15

NA MORTE DE XOSÉ NEIRA VILAS


«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre».    [Primeiras liñas de "Memoria dun Neno Labrego"]

Onte á mañá soupemos da morte dun grande das Letras Galegas: Xosé Neira Vilas. Faleceu na súa casa de Gres (Vila de Cruces) aos 87 anos. Xosé era un narrador, ensaísta, periodista, poeta... ainda en activo e con proxectos e coñecido por ter escrito un dos libros esenciais das letras galegas Memorias dun Neno Labrego, a testemuña da vida no rural galego. Libro que foi traducido a moitos idiomas.  Membro da Real Academia Galega, ten recibido moitos premios e galardóns ao longo da súa vida.
DEP, Xosé Neira Vilas.


+ info:

27/11/15

CENTENARIO DA TEORÍA DA RELATIVIDADE DE EINSTEIN


Neste mes de novembro de 2015, cúmplese o centenario da Teoría da Relatividade de Albert Einstein e que supuxo todo un hito que modificou a concepción do mundo. O mundo tal e como o coñecemos na actualidade débelle moito aos descubrimentos deste ciéntifico.

+ info:

Centenario de Einstein (Unam)

26/11/15

EL ROTO SOBRE AS GUERRAS...



Mais reflexións sobre a escalada de violencia e terror. Esta vez na viñeta de El Roto (El País).

25/11/15

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

48 no que vai de 2015!

Un ano máis, o día 25 de novembro se denuncia a nivel mundial a violencia que están a sufrir as mulleres. Recórdase que son demasiadas as mulleres asesinadas en todo o mundo por esta lacra. E non so mulleres, a menudo son os fillos tamén.
Neste ano 2015 e soamente en España foron asesinadas 48.

24/11/15

AS VÍCTIMAS DO TERRORISMO NO MUNDO.


Despois dos ataques terroristas da pasada semana en París e Mali, e as amenazas que seguen en todo o mundo, aquí tedes un map que mostra o número de víctimas en ataques terroristas o ano pasado arredor do mundo, según o Global Terrorsim Index que se publicou fai hoxe unha semana.
Boko Haram aparece como o grupo terrorista mais perigoso do mundo. Operando dende o norte de Nixeria, este grupo asesinou mais de 6.600 persoas o ano pasado. O grupo de EI ou ISIS foi o segundo matando a un pouco mais de 6.000 persoas. Ambos os dous grupos son responsables de mais de metade das mortes (51%) por terrorismo no ano mais mortífero de toda a historia., cun aumento do 80% en comparación co ano anterior.
32.654 persoas morreron o ano pasado en ataques terroristas (nove veces máis víctimas que no ano 2000). O 80% destes ataques ocurriron so en cinco países: Iraq, Afganistán, Pakistán, Nixeria e Siria.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

21/11/15

VI XORNADAS DO PLAMBE (20-21 de novembro 2015)

Como vos anunciábamos neste blog hai uns días, este venres e sábado tiveron lugar en Compostela as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do CAFI. Tamén vos adiantábamos que este ano tocáballe a nosa biblioteca contar aos profesores doutros centros quen somos, como estamos organizados e que actividades facemos. A ponencia, titulada "ABRINDO ESPAZOS, SUMANDO VONTADES", foi defendida pola nosa coordinadora do equipo de biblioteca e podédela ver aquí completa.


20/11/15

UN POUCO DE AUTOCRÍTICA: TODOS SON VÍCTIMAS



Oportuna reflexión autocrítica nestes momentos. Según estadísticas, hai moitísimas máis víctimas por ataques terroristas  en Nixeria, Irak, Siria... Todos son víctimas. Non hai unhas víctimas de primeira e de terceira clase.

O perigo de poñerse a foto de perfil co filtro da bandeira francesa



19/11/15

FORGES SOBRE AS GUERRAS...


As reflexións de Forges nas súas viñetas... Conducen a algo as guerras? Ou foron as que nos trouxeron a donde estamos...  ("EL PAÍS")



16/11/15

PAZ PARA PARIS E PARA TODO O MUNDO



Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida humana. As nosas sentidas condolencias ás familias das víctimas e aos feridos para unha pronta e completa recuperación. Condolencias extensivas a todas as víctimas do terrorismo en todo o mundo. 


Versión inglesa @ ClickOnEnglish.

13/11/15

PREMIO CERVANTES 2015 PARA FERNANDO DEL PASO

O escritor mexicano Fernando del Paso (Cidade de México, 1 abril de 1935) ven de ser galardonado co Premio Cervantes 2015. 
Fernando é ademáis académico, dibuxante, pintor, diplomático.
Especialmente recoñecido por tres extensas novelas, consideradas entre as mellores da narrativa mexicana do século XX: José Trigo, Palinuro de México e Noticias del Imperio.
Como sempre, faráselle entrega do premio o vindeiro 23 de abril.

+ info:

10/11/15

APRENDENDO A BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA


Reeditamos esta entrada porque non funcionaba á presentación que tiñamos enlazada. Aproveitamos para ampliar a información.
Grazas a formar parte do PLAMBE temos a sorte de acceder a traballos tan bos e útiles coma este que hoxe volvemos a colgar en arquivos. Baixo o título "Aprende a buscar na rede con eficiencia", dúas profesoras, Olga do CEIP Milladoiro de Malpica e Charo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, explícanos cómo debemos prantexar unha búsqueda na rede para que esta sexa o máis eficiente posible. Desde arquivos o noso máis sinceiro agradecemento polo traballo e a xenerosidade.

Podedes ver a presentación de novo neste ENLACE.
+ info: TRATAMENTO DA INFO E COMPETENCIA DIXITAL.

09/11/15

NOVEMBRO 2015: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, que se celebrou o pasado 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 

06/11/15

PRESUMAMOS


Son ben coñececidas as campañas publicitarias dunha cadea de supermercados galegos que fan bandeira das costumes e formas de ser e sentir dos galegos. Veñen de facer un novo anuncio en donde se reivindica a galeguidade e a nosa forma de ser, ademáis de amosar as marabillosas paisaxes que temos. Presumamos...

Video PRESUMAMOS COMO GALEGOS:

03/11/15

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. [Compostela 20/21-Nov]



Os vindeiros 20 e 21 de novembro terán lugar en Compostela as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares  e a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do CAFI.
O programa inclúe unha grande colección de experiencias das bibliotecas escolares galegas como "base de exploracións", que é o lema da campaña deste curso, así como tamén as experiencias de traballos por proxectos e semanas culturais coordinados por elas. A coordinadora do noso equipo de biblioteca Matilde de Cal dará unha desas ponencias baixo o titulo "ABRINDO ESPAZOS, SUMANDO VONTADES". Da que ampliaremos información aquí.