Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, que se celebrou o pasado 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario