29/01/16

PROXECTO "PERSONAXES PIONEIROS"

Publicamos cun pouco de retraso a presentación xeral do proxecto deste ano sobre "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS" para que nos sirva de información do que estamos traballando cada un. Aínda hai cuestións pendentes e seguro que tamén haberá cambios de última hora, pero o tema está en marcha e iso é o importante. No apartado de actividades para a Semana Cultural, este curso decidimos preparar dúas actividades conxuntas dos 14 departamentos participantes. A primeira será unha exposición xeral de todos os personaxes, ordenados cronolóxicamente, no pasillo que vai da entrada do Instituto ata a Biblioteca. A segunda, un desfile no salón de actos no que os alumnos, vestidos á maneira dos personaxes, se presenten ao público explicando brevemente qué fixeron para ser considerados pioneiros. En breve daremos a todos os profesores participantes unha ficha para que nos facilitedes uns datos mínimos dos personaxes que estades preparando nas aulas para comezar a elaborar a presentación xeral do tema. A SEMANA CULTURAL  será do 25 ao 29 de abril. Ánimo a todos e .... A TRABALLAR.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario