18/12/16

18-D. DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE


Dende o ano 2000, e tendo en conta o número elevado e cada vez maior de emigrantes que existen no mundo, celébrase cada 18-Decembro o Día Internacional do Migrante, instaurado polas Nacións Unidas. Ao longo da historia, a migración foi unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e procurar unha vida mellor. Na actualidade a globalización, xunto cos avances nas comunicacións e os transportes, incrementaron o número de persoas que desexan e teñen a capacidade de mudarse a outros lugares. Pero, desgraciadamente, tamén aumentan os coportamentos racistas e xenófobos nos países receptores.

+ info: Web Nacións Unidas.

Video:

Video "Poema del Emigrante":

Ningún comentario:

Publicar un comentario