30/01/17

DÍA DA PAZ 2017


O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase todos os anos o 30 de xaneiro. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal Vidal e que se celebra no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro).



Este curso para celebrar o día entrevistaremos ao noso alumnado mediador que son os que nos axudan a resolver os conflictos que xurden no instituto.

Outros días da Paz de cursos anteriores no noso centro e neste blog AQUÍ.

Incluímos tamén a exposición de libros e películas con temática sobre a PAZ que tivemos na nosa biblioteca:





Ningún comentario:

Publicar un comentario