20/01/17

MÁIS AVENTURAS DE ASTÉRIX E OBÉLIX


Anúncianse novas aventuras dos heroes galos Astérix e Obélix. Será a súa aventura número 37! O cómic sairá nun ano salientable para estes personaxes: en abril Alberto Uderzo, un dos dous creadores orixinais cumplirá 90 anos e o pasado mes de novembro fixo 40 que morreu a outra metade René Goscinny. O cómic número 37 o escribe Jean-Yves Ferri como guionista e dibuxa Didier Conrad. Sairá o vindeiro 19 de outubro, pero se queredes ver un adianto, picade no enlace inferior para ver un artigo sobre o tema e poder descargar unha primeira páxina da nova aventura destes vellos amigos.
A súa anterior aventura é de 2015 e xa falamos dela AQUÍ en Arquivos. E recordarvos tamén que Astérix e Obélix quedaron no noso TOP 10 dos Cómics, só despois doutra parella Mortadelo e Filemón.

+ info:

Descubre a nova viaxe de Astérix e Obélix [El País]

Ningún comentario:

Publicar un comentario