17/03/17

O COSMOS: HORARIO SEMANA CULTURAL E ACTIVIDADES POR DEPARTAMENTOS


Incluímos máis información sobre a Semanal Cultural. Aquí tedes o horario de actividades e a lista delas por departamentos.



Lista das actividades clasificadas por departamentos:

1. Bioloxía e xeoloxía:
- Visita ao planetario
- Cazadores de mitos
Exposición do sistema solar elaborados polos alumnos.
Xeoformación con maquetas elaboradas polos alumnos.
Conferencias:  
            - Borja Tosar. Terraformación ou como ten que modificarse o
            planeta Marte para poder vivir nel.
            - Estíbaliz Espinosa. Poetisa que une literatura e cosmos (en colaboración  
           co departamento de lingua galega)
            - Marcos Pérez Maldonado. Director da casa das ciencias. Tema aínda por
            determinar.
 Avistamento do ceo nocturno (en colaboración co departamento de matemáticas)

2. Debuxo:
Decoración co sistema solar do patio central.
Creación dun photocall sobre a ciencia ficción (en colaboración co departamento de francés)
- Elaboración de disfraces para o concurso cosplay
Elaboración de constelacións (en colaboración co departamento de tecnoloxía)

3.Lingua Castelá e literatura
Exposicións orais sobre a ciencia ficción dos séculos XIX e XX.

4. Filosofía
- Debate en formato vídeo sobre o xeocentrismo e o  heliocentrismo.

5. Lingua Galega
- Pasapalabra sobre o cosmos
- Recital de David Bowie
Charla - Estíbaliz Espinosa. Poetisa que une literatura e o cosmos (en
           colaboración co departamento de bioloxía)

6. Historia e Xeografía:
- Exposición escrita sobre a historia da carreira espacial.

7. Inglés:
Banda deseñada sobre unha película de Star Wars
- Batalla de rap con referencia ao cosmos.
-  Críticas de películas clásicas de ciencia ficción.

8. Matemáticas:
Avistamento do ceo nocturno (en colaboración co departamento de bioloxía)
Cómo medir o mundo cun pao selfie

9. Tecnoloxía:
Elaboración de constelacións (en colaboración co departamento de plástica)

10. Música:
- Actividade con música relacionada co cosmos.

11. Economía:
Exposición escrita sobre as aplicacións comerciais da carreira espacial.

12. Francés:
Creación dun photocall sobre a ciencia ficción (en colaboración co departamento de plástica)
- Creación dunha ruta turística que une o centro coa Torre de Hércules e que relaciona diferentes puntos da cidade cun elemento cósmico e a súa referencia mitolóxica. Pode que se realice unha saída por unha parte desta ruta.

13. Grego:
- Escenificación dos planetas.
-Unha viaxe á lúa no s. II (Luciano de Samosata)

14. Educación física:
- Exposición escrita sobre os efectos da ingravidez sobre o corpo e as capacidades físicas.  - Posible acrosport coa música do amanecer de Strauss.

15.  A maiores o equipo de dinamización da biblioteca organiza:
Unha charla sobre a construcción dun R2D2 que funciona.
Un photocall con membros da Tropa Korriban e co photocall elaborado polos alumnos.
Un concurso cosplay

16.  A maiores vicedirección organiza:
- O día MUSE

Ningún comentario:

Publicar un comentario