07/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: PROXECTO MUSE: TEATRO E DANZA

Actividade MUSE no xardín exterior:
"O TEATRO E O COSMOS"

Onte xoves, os grupos de 1ºESO puxeron en práctica as actividades do Proxecto MUSE. O Programa MUS-E® foi creado por Yehudi Menuhin, en colaboración con Werner Schmitt, sobre a idea de Zoltán Kodály (1882-1967), quen consideraba que a música debía formar parte da educación e ser accesible a todas as persoas. Menuhin ampliou o concepto ao marco da realidade multicultural e incorporou o traballo con todas as artes. O programa favorece a convivencia mediante o desenvolvemento das capacidades dos rapaces, así como o recoñecemento da diversidade cultural. 
O noso instituto incorporouse este ano ao proxecto, e aproveitamos a Semana Cultural para poñerlo en práctica tras semanas de preparativos. Tiña dúas partes: 
- unha no xardín exterior: "O TEATRO E O COSMOS" 
e outra no ximnasio: "A DANZA, A ORDE E O CAOS: O UNIVERSO"
Incluímos fotos e videos.




Video MUSE xardín exterior:


Actividade MUSE no ximnasio:
"A DANZA, A ORDE E O CAOS: 
O UNIVERSO"




Videos MUSE ximnasio:


Ningún comentario:

Publicar un comentario