02/05/17

APADRIÑA UN LECTOR





Nas xornadas de bibliotecas celebradas durante o primeiro trimestre deste curso, presentáronnos esta actividade. Chámase "Apadriña un lector", e consiste en que alumnado do noso instituto se convirte en madriñas e padriños de lectura de nenos de infantil.




Puxémonos en contacto co colexio Cid, co San Pedro de Visma e co de Prácticas, que son os que noso coles adscritos. Pero os únicos que nos confirmaron a súa participación son os dous últimos.



Temos 39 voluntarios de 4º ESO. A primeira sesión será o luns 15 de maio, que virán o alumnado do colexio de Prácticas (alumnado de 5 anos) e o mércores 31 iremos ao colexio de San Pedro (alumnado de 3 anos). Non participan todos os voluntarios senon  un por neno. Na primera tanda son 25.



Imos usar esta actividade como celebración das Letras Galegas que este año adícase a Carlos Casares polo que falaremos un pouco do autor e contaremos o cuento: "A galiña azul", e faremos unha actividade artística que teña que ver co conto e logo faremos parellas lectoras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario