13/05/17

TODO PREPARADO PARA RECIBIR AOS NOSOS AFILLADOS...




Xa temos todo preparado para recibir o vindeiro luns 15, aos nosos primeiros afillados dentro do programa "APADRIÑA UN LECTOR", como xa adiantamos nunha entrada anterior (AQUÍ).

O luns recibiremos ao alumnado de 5 anos do colexio adscrito de "Prácticas" a quen lle contaremos o conto de Carlos Casares, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017, "A GALIÑA AZUL".

O programa da visita destes rapaces inclúe unha visita a distintas clases do noso instituto, donde poderán ver distintas exposicións de traballos feitos polo noso alumnado en sociais (que xa foron saíndo aquí) e tamén coleccións de fósiles, cunchas e minerais do noso laboratorio de bioloxía.

Estas coleccións e cómo preparamos a biblioteca podedes velo en fotos que incluimos.

En vindeiras entradas publicaremos fotos dos rapaces durante a súa visita ao centro.



Os libros:


As coleccións de bioloxía:


Ningún comentario:

Publicar un comentario