25/04/18

PREMIOS DADO 2018

Alumnado de BAC do 'Rafael Dieste' participante nos Premios Dado 2018.
Alumnado de ESO do 'Rafael Dieste' participante nos Premios Dado 2018.


Podedes ver nas fotos superiores o alumnado do 'Rafael Dieste' que participou no certame de microrrelatos "Premios Dado 2018". Entre todos eles, tivemos dous premiados. Os premios entregáronse o pasado martes 19 de abril. Noraboa a todos os premiados e os que participaron!


PREMIOS DADO DE MICRORRELATOS 2018
AMELIA MARTÍNEZ LOUREDA (S2C)
GAÑADORA DO SEGUNDO PREMIO
NA CATEGORÍA A


PREMIOS DADO DE MICRORRELATOS 2018
YAHYA HICHAM REDOUAN (B1C)
GAÑADOR DO SEGUNDO PREMIO
NA CATEGORÍA B


21/04/18

NÚREMBERG 2018


Rematou xa a edición 2018 do intercambio escolar A CORUÑA-NÚREMBERG. O pasado xoves regresaron de Núremberg os 16 participantes deste curso. Nas seguintes ligazóns podedes seguir e ver en fotos as súas andanzas.


18/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMY, AN AMERICAN BRUNCH @ 'RAFAEL DIESTE'



Para clausurar os eventos da nosa IX Semana Cultural sobre a Gastronomía, o Departamento de Inglés preparou para os grupos de 1ºESO varios American Brunch. O alumnado, profesores e auxiliar de conversa traballaron para montar varios tradicionais Brunch americanos. Aquí tedes algunhas fotos de como se divertiron preparando e comendo.



Versión en inglés @ ClickOnEnglish

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMIA. O BANQUETE DE TRIMALCIÓN


Representación de "O banquete de Trimalción" polo alumnado de 1º e 2º BAC de Música, Latín e Lingua Galega. Este banquete foi descrito por Petronio na súa novela o Satiricon, como sátira dos banquetes que celebraban as clases pudientes en Roma.

Nun banquete romano reuníase un gran número de persoas e constituían un motivo de celebración, ou, como nesta representación, motivo para presumir ou alardear das súas posesións o anfitrión que o organizaba. Tratábanse de suntuosos banquetes nos que se degustaban grandes manxares da época, como xabaril, recoiro, garum, higos ou dátiles. 

Amenizábanse con actividades de entretemento, con bailaríns, acróbatas, músicos e cantores. Durante a comida os comensais falaban de diversos temas, como a filosofía. Nos banquetes romanos seguíanse unha serie de rituais e prolongábanse ata o amencer.



Videos:

17/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMIE, CONCOURS POTION MAGIQUE


Outras das actividades da Semana Cultural proposta polo Departamento de Francés foi un concurso de apócemas.


16/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMÍA DO MUNDO, TRADICIÓNS CULINARIAS E MUSICAIS


No Salón de Actos celebramos a charla "GASTRONOMÍA DO MUNDO" con información sobre as diferentes formas de comer arredor do mundo e a relación das tradicións culinarias coas tradicións musicais, que rematou cun concurso final.

Estas presentacións foron realizadas polos alumnos de Música de 1º de Bacharelato.

Videos:


15/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMÍA. CÓMO COMÍAN OS ROMANOS?


O Departamento de Latín organizou durante a Semana Cultural unhas charlas sobre cómo comían os romanos.
































Videos:

14/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMÍA, COMIDA GREGA E CONSULTORIO DE ANDRÓMACA


O último evento no salón de actos da Semana Cultural, foi sobre a Comida Grega, incluindo información sobre como era a alimentación na antigua Grecia.
Tamén se incluía o Consultorio de  Andrómaca.
É unha actividade das semanas culturales en donde queremos dar importancia á expresión e dicción oral.









Slide do evento:

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMÍE, PRÉSENTATION DE RECETTES


Nas clases de Francés, alumnado de 1ºBAC fixeron presentacións de recetas no idioma a grupos de cursos inferiores.


13/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: PROXECTOS DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA

O Departamento de Bioloxía-Xeoloxía fixo dúas achegas na Semana Cultural adicada este ano á Gastronomía:

1- UNHA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS.


O alumnado de 1ºESO respresentou mediante caixas e alimentos contidos nelas cales deben ser os alimentos consumidos e en que proporcións debemos facelo ao longo dun día.


2- PROXECTO MICROBIOTA BUCAL.



O alumnado de 1ºBAC fixeron un pequeno proxecto que consistía en ver se a floral bucal depende máis do que comemos un día ou das nosas características individuais. Para elo sementaron en Agar, o raspado dos dentes cun bastoncuillo e deixáronno evolucionar uns 10 días. amosaron o seu resultado (aínda non rematado) e explicaron o proxecto no patio central do instituto nos recreos de mércores e xoves. Prepararon unha presentación para explicar e ensinar todo o proceso e ademáis recolleron "mostras" do alumnado que se achegou ao stand, cuxos resultados daránselles máis adiante.