18/04/18

IX SEMANA CULTURAL 2018: GASTRONOMIA. O BANQUETE DE TRIMALCIÓN


Representación de "O banquete de Trimalción" polo alumnado de 1º e 2º BAC de Música, Latín e Lingua Galega. Este banquete foi descrito por Petronio na súa novela o Satiricon, como sátira dos banquetes que celebraban as clases pudientes en Roma.

Nun banquete romano reuníase un gran número de persoas e constituían un motivo de celebración, ou, como nesta representación, motivo para presumir ou alardear das súas posesións o anfitrión que o organizaba. Tratábanse de suntuosos banquetes nos que se degustaban grandes manxares da época, como xabaril, recoiro, garum, higos ou dátiles. 

Amenizábanse con actividades de entretemento, con bailaríns, acróbatas, músicos e cantores. Durante a comida os comensais falaban de diversos temas, como a filosofía. Nos banquetes romanos seguíanse unha serie de rituais e prolongábanse ata o amencer.



Videos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario