09/05/18

APADRIÑANDO 2018: ALUMNADO CEIP DE "PRÁCTICAS"

  
Hoxe empezamos ás sesións de Apadriñamento de Novos Lectores co alumnado do colexio de primaria adscrito "Prácticas". Así estaba a nosa Biblioteca esta mañá preparada para recibir ao alumnado de 6º de Educación Infantil, 20 rapaces en total.


Primeiramente, visitaron a nosa horta. Vicky, a profesora de bioloxía, deulles un iogur para que o enchesen de terra e lle meteran semente de tomate.


Despois fomos á biblio. Candela fixo de María Vitoria Moreno, contándolles a súa vida. Zeltia, Eva e Carlos representaron un anaco de "Mar Adiante": "O Vagalume" e "O Luceiro".


Logo os pequenos fixeron uns vagalumes de cortiza, con ollos e pintura de neón para brillar na oscuridade.


A continuación, por parellas, leron contos e, por último, veron vermes de seda.


Videos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario